Río Prut
Río Prut | |
---|---|
e | |
País | Ucraína, Moldavia, Romanía |
Nacemento | Monte Howerla |
Lonxitude | 910 km |
Conca | 27.500 km² |
Caudal medio | 160 m³/s |
Desembocadura | Río Danubio |
Localización do curso do río Prut | |
O Prut (en ucraíno: Прут) é un río da Europa orienta, tributario do Danubio. O seu curso esténdese por uns 910 km, que bañan a Ucraína, Moldavia e Romanía.
Percorrido[editar | editar a fonte]
O Prut nace nos Cárpatos orientais, no monte Howerla, no suroeste da Ucraína, na rexión de Iwano Frankiwsk). Toma unha dirección cara sueste, e despois de 240 km en territorio ucraíno, pasa a formar a fronteira entre Moldavia e Romanía durante 711 km, para entrar por último neste último país e unirse ao Danubio, preto de Reni, ao leste da cidade de Galati (Romanía). O seu caudal medio é de 160 m³/s na xunta co Danubio.
Afluentes[editar | editar a fonte]
Son numerosos, mais na súa maioría de moi curto percorrido. A salientar:
- Pola esquerda: Racovăţ, con 67 km de curso.
- Pola dereita: Volovăţ, de 43 km; Başeu, 118 km; Corogea, 32 km ; Jijia, sen dúbida o máis importante dos tributarios, cun curso de 275 km e unha bacía de 5.757 km² ; e o Elan, de 73 km.
A súa conca ocupa unha área de 27.500 km² (10.990 km² na Romanía)
[editar | editar a fonte]
O Prut é navegábel desde a cidade romanesa de Iaşi, nuns 300 km, até a desembocadura no Danubio.
Localidades ás beiras[editar | editar a fonte]
Destacan Chernivtsi en Ucraína, Ungheni, en Moldavia e Iaşi na Romanía.
Historia[editar | editar a fonte]
Na antigüidade era coñecido como río de Porata o de Pyretus, de onde deriva o seu nome actual. Antes da ocupación por parte soviética da rexión de Besarabia e máis da Bukovina setentrional, en 1940, o río descorría case enteiramente por territorio romanés.
Ten notoriedade histórica a Paz do Prut, que o tsar Pedro I o Grande se viu obrigado a asinar no 23 de xullo de 1711, logo de que as súas tropas se viron cercadas polos turcos na pequena cidade de Huşi.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Prut |